Lingua Galega e Literatura: Oracións a partir dun texto


Moi bos días!
A proposta de hoxe combina lectura, expresión oral e escritura. Pódese facer co exemplo que explico a continuación ou, se non tedes á man A nave dos libros, con outra lenda, fábula ou conto.

Imaxe de "loulou Nash" en Pixabay

Lembrades a lenda da cortiza máxica? Aquela parella formada por Xoán e Rosana que tiña como veciña a Ursuliña, unha bruxa que facía das súas cos seus beberaxes e conxuros. Agora si?
Buscade a lectura en A nave dos libros.
Despois de lela varias veces, contádella a alguén (tamén vale a un público imaxinario 😉). A continuación, toca escribir oracións relacionadas coa lectura, coidando a caligrafía e lembrando poñer maiúscula inicial no comezo de cada oración e nos nomes propios. Tamén temos que recordar poñer punto a final de oración.
Por exemplo:


Podedes copiar estas oracións e escribir outras dez ou as que teñades tempo. Non ten que ser todas á vez, o traballo pódese repartir ao longo do día ou da semana.


¡Moito ánimo!
A vosa titora

Entradas populares de este blog

Ecosystems

Lingua Galega e Literatura: O meu barco

Lingua Galega e Literatura: Conto (escritura creativa)