22 de abril: DÍA DA TERRA 🌏
![]() |
| Imaxe de Arek Socha en Pixabay |
Bos días!
Hoxe, 22 de abril, é o Día da Terra. O primeiro Día da Terra, que xurdiu co
obxectivo de concienciar sobre a necesidade de protexer o planeta Terra, tivo
lugar o 22 de abril de 1970, fai 50 anos.
Con motivo deste 50 aniversario, déixovos aquí varios recursos:
Vídeo educativo sobre a Terra e as súas partes:
Recompilación de fotografías da natureza de
National Geographic:
Trátase dunhas fotografías espectaculares, penso que vos gustarán. Para
velas picade sobre a primeira onde pon “Ver Galería”.
Vídeo da Nasa conmemorando o 50 aniversario
do Día da Terra:
Comeza en 1968, dous anos antes do primeiro Día da Terra, porque nese ano
o astronauta William Anders (tripulante da misión Apolo 8) conseguiu fotografar
a Terra asomándose sobre o horizonte da Lúa. A misión do Apolo 8 mantívose
orbitando, sen chegar a pisar a Lúa, algo que sucedería un ano despois, en
1969.
O vídeo ofrece imaxes que toma a Nasa da Terra para poder observar e
estudar diferentes fenómenos.
Agardo que vos gusten!
Unha aperta
A vosa titora
