Lingua Galega e Literatura: Conto (escritura creativa)


Moi bos días!

Hoxe propóñovos escribir un conto con título libre, pero con dúas condicións:

1.- O protagonista ou a protagonista ten que ser un destes personaxes, aínda que podedes cambiarlle o nome e inventar unha historia completamente diferente á da película na que aparece:
2.- Unha parte da historia (ou toda ela) sucede nun castelo.

Recordade os pasos a seguir para a escritura:

1º- Pensar.- Pensar o título, a historia, organizar as ideas…

2º- Escribir.- Os textos narrativos, coma o conto, deben ter tres partes: introdución, desenvolvemento e desenlace. Ademais de prestar atención a isto, á hora de escribir hai que fixarse en facer boa letra, deixar marxe, poñer maiúscula cando é necesario e puntuar o texto.

3º- Repasar. Ler o que escribimos e facer correccións se é necesario.

Cando rematedes de escribir o conto facede un debuxo para ilustralo.

Ánimo, que xa falta moi pouquiño para esas merecidas vacacións!

Unha aperta
A vosa titora

Entradas populares de este blog

Ecosystems

Lingua Galega e Literatura: O meu barco