Lingua Galega e Literatura: Cua, cua…que quererá dicir o parrulo?
Ola!
Seguro que sabes por que escollín este título para o post. Lembras o texto que tiñamos pendente para onte e que trata sobre a comunicación dos animais?
Seguro que sabes por que escollín este título para o post. Lembras o texto que tiñamos pendente para onte e que trata sobre a comunicación dos animais?
Supoño que xa o sabes ben. Se non é así, podes aproveitar para repasalo de vez en cando.
Pois ben, pensando nese texto, atopei esta fotografía que
saquei hai uns anos. Que che parece?
Obsérvaa e conversa con alguén (en galego!) sobre todos os detalles que vexas nela. Tamén podes tratar de responder a estas preguntas:
Cal é o tema da foto?
Cal é o tema da foto?
Que hai nela?
Que acontece?
Que cores predominan nela?
Que formato ten? (Vertical? Horizontal?)
Que cores predominan nela?
Que formato ten? (Vertical? Horizontal?)
Onde cres que a saquei?
Por que cres que a saquei?
Canto tempo dediquei a sacala? (Sairíame á primeira?)
Por que cres que a saquei?
Canto tempo dediquei a sacala? (Sairíame á primeira?)
Pensa, sen escribila, unha historia en galego para a fotografía e cóntalla a alguén. Mañá dareiche máis información, resolverei estas incógnitas e axudareiche a planificar unha composición escrita.
Ánimo!
Un saúdo
A titora de 2º
Ánimo!
Un saúdo
A titora de 2º