Lingua Galega e Literatura: OS SETE CABRITOS
Ola! Contamos un conto?
Deste conto popular, tal e como comentamos en
clase, hai diferentes versións.
Lembras a historia?
Trata de repasala mentalmente antes de ver o vídeo e, se
é posible, cóntalla a alguén.
Despois podes desfrutar do vídeo:
É o momento de escribir!
Preséntoche varias
opcións. Escolle a que prefiras; podes deixar as demais para outro momento ou día.
1- Escribe oracións relacionadas co conto.
2- Inventa un final diferente para esta historia: “Ao pouco, o lobo espertou e...”
3- Continúa a historia: Nesta versión cóntannos que a
corrente de auga levou ao lobo río abaixo. Imaxina que sobreviviu, a pesares das pedras no bandullo. A
onde chegou? Que fixo?
Podes comezar así:
“Cando o lobo comezaba a sentir que quedaba sen forzas, a
corrente suavizou e logrou achegarse á beira. Agarrouse
fortemente á terra: estaba salvado! Entón...”
¡Moito ánimo!
Un saúdo
A titora de 2º