Lingua Galega e Literatura: POEMA PRIMAVERAL
Bos días! Como estamos?
Agardo que todo vaia o mellor posible nas vosas familias.
Mándovos unha forte aperta e moito ánimo!☺
A actividade de hoxe xira arredor dun poema de Manuel
Rico Verea do que descoñezo o título. Incluso é posible que non o teña, mais
non estou segura.
| Flores do rododendro |
Teño un xardín
cheo de flores,
nel medran a eito
froitos e cores.
Teño un xeranio
na miña horta
que aínda que chova,
nada lle importa.
Teño unha rosa
nunha roseira
que bota flores
na primavera.
Manuel Rico Verea
ACTIVIDADE
Le o poema varias veces tratando de comprendelo. “A
eito”: significa seguido, sen escoller, sen que estean seleccionados.
Que título lle poñerías?
Cantos versos ten?
Como están agrupados os versos? (fíxate en cada cantos
versos hai punto)
Le as palabras finais de cada verso e emparella as que
riman.
Cantas palabras ten cada verso?
Recítao en voz alta. Atréveste a rapealo?
Cando xa o saibas ben escríbeo sen mirar.
Comproba que o escribiches ben.
Fai un debuxo para ilustralo.
PARABÉNS! Tarefa rematada! 😉
A titora de 2º