Lingua Galega e Literatura: Unha fin de semana diferente
Esta fin de
semana foi atípica, diferente ás demais. Aínda así, seguro que fixeches na casa
un montón de cousas. Lembras as que máis che gustaron?
Propóñoche escribir unha narración en 1ª persoa (ti es o/a protagonista) con este título: UNHA FIN DE SEMANA DIFERENTE.
Pensa e organiza
as ideas antes de escribir. Lembra que o texto narrativo debe ter unha
introdución, un desenvolvemento e unha conclusión.
Despois escribe
as ideas de forma ordenada; neste caso axudarache seguir a orde cronolóxica dos
acontecementos.
Aquí tes unha
serie de frases que podes empregar:
Esta fin de
semana...
O sábado pola
mañá…
A mediodía…
Pola tarde…
Á noite…
O domingo…
Para ir enlazando
as ideas, ademais destas frases, podes empregar conectores como “e”, “logo”, “despois”,
“máis tarde”, “aínda que”, “entón”… Trata de usar varios para non repetir
sempre o mesmo.
Cando remates de
escribir o texto revísao, con ou sen axuda. Despois fai un debuxo para
ilustralo.
Ánimo coa tarefa!