Lingua Galega e Literatura: O meu barco
Bos días! Esta actividade de galego ten varias partes e leva facela máis dunha sesión de clase, por iso non vou propoñer ningunha de castelán, aínda que a recomendación de ler uns minutos mantense para todos os días. Sabedes algunha canción en galego que teña relación co mar, cos barcos ou cos mariñeiros? A min gústame moito esta parte da letra de Amor rianxeiro , tamén coñecida como Vento mareiro ("mareiro" significa favorable para navegar), unha canción popular galega: “Non lle temas, mariñeiro, ó ventiño do mar, que o vento mareiro dá mellor navegar. Se navegas pola ría de Rianxo verás as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar”. Non vos parece fermoso iso de que as estrelas e a lúa lle dean bicos ao mar? Preguntade ás vosas familias se coñecen outras cancións en galego que garden relación co mundo do mar. Vós tamén sabedes unha que cantamos ás veces no colexio. Pista: comeza coa palabra “amoriños”. Podedes facer un listado cos títulos de t...