GRAZAS!


Moitas grazas por participar na videoconferencia, que emocionante!
Fíxome moita ilusión vervos e escoitarvos, tamén que vos virades vós de novo, aínda que fora nesta aula tan diferente. Haberá máis!

O luns seguiremos coas propostas de actividades, pois mañá é festivo. Estes días coinciden varias datas sinaladas:

1 de maio: Día Internacional do Traballo (festivo)
2 de maio: Día Internacional contra o Acoso Escolar
3 de maio: Día da Nai (Parabéns! 😏)

Remata abril, o Mes do Libro, e comeza maio, o mes das Letras Galegas e dos maios, entre outras celebracións. Así que aquí van as miñas últimas recomendacións de libros neste mes de abril:

En castelán: AMAR
A editorial Palabras Aladas permite descargar gratis en PDF dende a súa web o libro Amar, que ten uns interesantes textos, actividades e unhas fermosas ilustracións.

En galego: O CAN RIN E O LOBO CRISPÍN
Este libro escribiuno Carlos Casares e recordo que mo leron cando tiña máis ou menos a vosa idade. Sorprendeume moito!
Aquí tedes o conto lido:


Agardo que o pasedes moi ben estes días!
Unha aperta
A vosa titora

Entradas populares de este blog

Ecosystems

Lingua Galega e Literatura: O meu barco

Lingua Galega e Literatura: Conto (escritura creativa)