Lingua Galega e Literatura: O canciño Nicolau
Boas tardes!
Hoxe recoméndovos un libro en galego para este “Mes do
libro”. Escollín Eu conto, ti cantas…, de María Victoria Moreno.
Probablemente vos acordedes desta escritora porque dedicóuselle o Día das
Letras Galegas no ano 2018.
Este libro contén tres contos de animais que están escritos
en verso. Titúlanse: Xa non teño medo, Can branco, can negro e Un
cachiño de bica?
Can branco, can negro comeza así:
Moreno, Mª V. (2005). Eu conto, ti cantas… Ilustracións
de Manolo Uhía. Xerais, Vigo, 4ª ed., p. 25.
PROPOSTA DE ACTIVIDADES
Podes escoller entre as seguintes actividades:
Le varias veces o poema ata comprendelo ben. Leo tamén en voz alta.
Contesta a estas preguntas con respostas completas seguindo o exemplo da primeira:
Le varias veces o poema ata comprendelo ben. Leo tamén en voz alta.
Contesta a estas preguntas con respostas completas seguindo o exemplo da primeira:
Como se chamaba o canciño?
O canciño chamábase Nicolau.
En que estación naceu?
De que cor era o can?
Como foi recibido o can?
Como se comportaba o can?
Copia
o poema cambiándolle as seguintes palabras por outras: Nicolau, primavera,
seda, negra, mel, festas, bonito, garimoso, axóuxere, triste.
Inventa un microrrelato para este canciño, cun máximo de
100 palabras.
Podes comezar así:
O canciño Nicolau
Había unha vez un canciño chamado Nicolau que vivía...
Cando
remates o microrrelato fai un debuxo.
Boa
fin de semana!
Unha
aperta 💖
A
vosa titora

