Lingua Galega e Literatura: O Courel

Bos días a todas e todos!

Estivestes algunha vez no Courel?
Eu fun varias veces, pero só unha vez tiven tempo suficiente para facer unha ruta de sendeirismo. Encantoume a paisaxe!

Para referirse a este fermoso lugar de Galicia ás veces escoitaredes a palabra “Caurel” no lugar de “Courel”. O nome oficial é Courel, aínda que hai xente que emprega a variante Caurel, como no conto e canción A princesa do Caurel que vos presentei a semana pasada.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Damos un paseo pola serra do Courel?
Farémolo a través da páxina web de Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, accedendo xa directamente á ruta do Courel. Pincha nesta ligazón en azul: Ruta turística do Courel


Nada máis entrar podedes ver o vídeo introdutorio.

Despois, fixádevos na parte de arriba da páxina. Xusto á esquerda do buscador, podedes despregar o listado de idiomas no que está dispoñible o texto da páxina: 10 idiomas! Recoméndovos que selecciones primeiro o galego. Despois podedes ir cambiando os idiomas para ver que diferentes son. Non esquezades seleccionar nalgunha ocasión o inglés!

Dedicádelle uns minutos a ver as fotografías, ler os títulos das mesmas e ler varios fragmentos de texto (algúns, non todos!). Veredes que non se trata dun conto, nin dunha carta, senón dun texto con información sobre a ruta do Courel (un texto informativo).

Tamén podedes abrir o mapa interactivo e acceder a máis fotografías, información, facer buscas utilizando o listado que aparece á esquerda ou utilizar os signos “+” e “-“ da esquina inferior dereita para achegar ou afastar a imaxe.

Escribimos oracións

Despois de ver o vídeo, as imaxes e ler algún fragmento de texto sobre o Courel, poderedes copiar e completar as oracións:



Que desfrutedes coa fermosa paisaxe do Courel!

Unha aperta
A titora de 2º

Entradas populares de este blog

Ecosystems

Lingua Galega e Literatura: O meu barco

Lingua Galega e Literatura: Conto (escritura creativa)