Lingua Galega e Literatura: Personaxes dos libros
Benqueridos nenos e nenas,
Para rematar a Semana do libro propóñovos pensar nos
personaxes dos libros aos que lle tedes un cariño especial, nos que vos fan
rir, nos que admirades, nos que vos gusta o que din ou o que fan, nos que vos
gusta debuxar…

Podedes facer un listado e, tratando de falar en galego,
comentar con alguén como se chama ese personaxe, a que libro pertence e por que
vos gusta. Outra opción é escribilo. Tamén podedes debuxar a eses personaxes.
Exemplos:
A min gústame moito o personaxe do pirata Moitabarba,
porque me fai moita graza como se soluciona a situación que vive. Tamén me
encanta como está debuxado. Está no conto “O pirata Moitabarba”, do libro de Pinto
& Chinto que xa vos presentei noutro post, Contos para nenos que dormen
deseguida. Kalandraka, a editorial do libro, permítenos ler este conto
(tamén “O pozo dos desexos”) pinchando nesta ligazón:
Podedes lelo e/ou que volo lean. Agardo que vos guste!
Unha aperta da vosa titora