Lingua Galega e Literatura / Plástica: A BUSCA DO TESOURO


Bos días!

Hoxe converteraste no/na protagonista dunha busca dun tesouro agochado nunha illa. Un tesouro que pode ter todo o que ti queiras. Necesitarás botar man da túa imaxinación para escalar montañas, cruzar pontes, vadear ríos, resistir a corrente para non acabar caendo por unha catarata e sortear todo tipo de perigos. Estás preparado? Estás preparada?
Comeza a aventura!

Imaxe de Mystic Art Design en Pixabay

Propóñoche dúas opcións:
  1. Escribe a narración e logo debuxa o mapa do tesouro.
  2. Debuxa o mapa do tesouro e logo escribe a narración.

NARRACIÓN

Escribe unha narración en 1ª persoa e en pasado titulada “A BUSCA DO TESOURO”.

Ti es o/a protagonista da busca do tesouro, que se atopa agochado nunha illa.

Como a historia xa pasou, terás que empregar verbos en pasado. Por exemplo: estaba, fixen, subín, cruzaba, atopei, nadei, saltaba…

Na introdución da historia tes que contar como atopaches o mapa. Por exemplo (se che gusta podes copialo, cambiando o que queiras):



No desenvolvemento tes que contar como chegaches á illa e todo o que pasou ata que atopaches o tesouro. Tamén debes explicar que contiña o tesouro.

Na parte final debes explicar que fixeches co tesouro.


DEBUXO DO MAPA DO TESOURO

Aquí tes un mapa mudo para completar. Tamén podes deseñar outro diferente. O que debuxes ten que corresponderse co que narres na historia.

Se necesitas ver algún modelo escribe en Google Imágenes “mapa tesoro”.

Lembra debuxar o tesouro e escondelo no lugar que decidiches.

Mapa extraído de: Plástica 2 primaria. Sm Xerme, p. 9

Que teñas moita sorte na túa busca!

Unha forte aperta
A túa titora

Entradas populares de este blog

Ecosystems

Lingua Galega e Literatura: O meu barco

Lingua Galega e Literatura: Conto (escritura creativa)