Bos días! Esta actividade de galego ten varias partes e leva facela máis dunha sesión de clase, por iso non vou propoñer ningunha de castelán, aínda que a recomendación de ler uns minutos mantense para todos os días. Sabedes algunha canción en galego que teña relación co mar, cos barcos ou cos mariñeiros? A min gústame moito esta parte da letra de Amor rianxeiro , tamén coñecida como Vento mareiro ("mareiro" significa favorable para navegar), unha canción popular galega: “Non lle temas, mariñeiro, ó ventiño do mar, que o vento mareiro dá mellor navegar. Se navegas pola ría de Rianxo verás as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar”. Non vos parece fermoso iso de que as estrelas e a lúa lle dean bicos ao mar? Preguntade ás vosas familias se coñecen outras cancións en galego que garden relación co mundo do mar. Vós tamén sabedes unha que cantamos ás veces no colexio. Pista: comeza coa palabra “amoriños”. Podedes facer un listado cos títulos de t...
Moi bos días! A proposta de hoxe combina lectura, expresión oral e escritura. Pódese facer co exemplo que explico a continuación ou, se non tedes á man A nave dos libros , con outra lenda, fábula ou conto. Imaxe de "loulou Nash" en Pixabay Lembrades a lenda da cortiza máxica? Aquela parella formada por Xoán e Rosana que tiña como veciña a Ursuliña, unha bruxa que facía das súas cos seus beberaxes e conxuros. Agora si? Buscade a lectura en A nave dos libros . Despois de lela varias veces, contádella a alguén (tamén vale a un público imaxinario 😉 ). A continuación, toca escribir oracións relacionadas coa lectura, coidando a caligrafía e lembrando poñer maiúscula inicial no comezo de cada oración e nos nomes propios. Tamén temos que recordar poñer punto a final de oración. Por exemplo: Podedes copiar estas oracións e escribir outras dez ou as que teñades tempo. Non ten que ser todas á vez, o traballo pódese repartir ao longo do día ou da semana. ...
Bos días! Que tal pasastes a fin de semana das Letras Galegas? Deuvos tempo a facer algunha das actividades sobre Ricardo Carvalho Calero? E a receita con salmón? Imos de celebración en celebración, porque onte, 18 de maio, foi o Día Internacional dos Museos. E xa sabedes o moito que me gustan a min os museos! Como acontece con outras datas sinaladas, cada ano escóllese un lema para a celebración. O deste ano 2020 foi “Museos pola igualdade: diversidade e inclusión”. O cartel escollido polo ICOM (International Council of Museums = Consello Internacional dos Museos), o máximo organismo mundial dos museos e profesionais que traballan nos museos, foi este: Fonte da imaxe: https://icom.museum/es/ “Museos pola igualdade: diversidade e inclusión” significa museos accesibles a todos e todas, pero tamén a todas as ideas e a todas as miradas. O cartel trata de representar a diversidade, pero se vos fixades os debuxos repítense. As persoas están representadas ...