Como entrar na Aula Virtual do Colexio para entregar tarefas
Bos
días!
Ao longo do día de hoxe enviareille ás vosas familias a
través de abalarMóbil o voso nome de usuario e contrasinal para que poidades acceder
á Aula Virtual do Colexio (Moodle), que empregaremos, polo momento, para recibir
e poder comentar os vosos traballos.
Para acceder á Aula Virtual só tedes que entrar na páxina
web do Colexio, www.colexionslourdes.es e, en Enlaces, premer sobre Aula Virtual (acceso restrinxido). A continuación, introducides os vosos datos (usuario e contrasinal) e poderedes ver as áreas
nas que estades matriculados. Dentro dalgunhas áreas hai xa creadas entradas
para a entrega dalgunhas das actividades que vos pedimos que gardarades. Iremos
engadindo máis pouco a pouco. Tamén hai a opción de entregar outras tarefas que fixerades e que vos faga ilusión compartir con nós.
Para guiarvos no proceso preparamos este vídeo:
Para facer as entregas dos vosos traballos dixitais tedes que agregar os arquivos (en Word, Odt ou PDF) e gardalos. Para entregar os textos manuscritos e as composicións plásticas, podedes sacarlles unha fotografía. Tamén podedes empregar un recurso gratuíto, Microsoft Office Lens – PDF Scanner. Posibilita facer unha foto de calquera
documento (PDF, ficha, folio, folla da libreta…) co teléfono móbil 📱 e convertela automaticamente a formato
PDF 📜, co cal é máis doado de gardar e de enviar. Deixámosvos
os enlaces ás páxinas onde poderedes atopar a información desta ferramenta 👇 .
App Store:
Google Play:
👉https://play.google.com/store/apps/details?id=com.microsoft.office.officelens&gl=ES👈
Se tedes algunha dúbida as vosas familias
poden preguntarme a través de abalarMóbil ou por correo electrónico. Tamén
podedes preguntarme durante as videoconferencias.
Non é necesario entregar todas as tarefas que
vos pedimos gardar de golpe, teñen marcadas unhas datas de entrega para
orientarvos, pero hai bastante marxe.
Unha aperta
A vosa titora
