Lingua Galega e Literatura: Día das Letras Galegas
Moi bos días!
Antes de nada, parabéns polos vosos magníficos espantallos! Foi moi emocionante vervos ensinalos cando acabaron de ler o poema as vosas compañeiras de 2º ESO. Aquí o tedes:
Antes de nada, parabéns polos vosos magníficos espantallos! Foi moi emocionante vervos ensinalos cando acabaron de ler o poema as vosas compañeiras de 2º ESO. Aquí o tedes:
Fernández, Ana
María (2016). Versos da tarde laranxa. Galaxia, Vigo, pp. 24-25.
Que facemos sempre no colexio polas Letras
Galegas? Hai unha tradición que nunca falta: cantar o Himno Galego. A letra do
noso himno pertence ao poema Os Pinos de Eduardo Pondal, ao que puxo
música Pascual Veiga.
Aquí
tedes un vídeo coa letra para poder cantalo:
Ricardo Carballo Calero / Ricardo Carvalho
Calero
Entre os textos Ricardo Carballo (Carvalho) Calero,
escollín para hoxe un que tamén pertence ao libro As pitas baixo a choiva.
Neste caso escribe sobre os galos.
Lede o texto e coloreade o galo:
* Cristas: a crista é a parte de carne que sobresae sobre
a cabeza dalgunhas aves.
Se queredes entretervos facendo actividades en liña sobre
o Día das Letras Galegas e Ricardo Carvalho Calero, déixovos aquí os enlaces
para acceder ás propostas polo Seminario Galán para 2º de Primaria:
Que pasedes unha boa fin de semana das Letras Galegas!
Recordade que o día 18 non é lectivo no noso colexio. Ese
día, ademais, celébrase o Día Internacional dos Museos. O martes propoñereivos algunha
actividade relacionada con eles.
Unha aperta
A vosa titora

