Lingua Galega e Literatura: Preparando a celebración das Letras Galegas
Nota: se é posible, sería xenial que tiverades
feitas estas actividades para a videoconferencia de mañá xoves, porque faremos
unha pequena celebración do Día das Letras Galegas.
Onte presenteivos ao escritor homenaxeado
este ano o Día das Letras Galegas. Acordádevos de quen se trata?
É Ricardo Carballo Calero, quen asinaba as
súas obras como Ricardo Carvalho Calero.
Cando poidades lede de novo a súa biografía,
que está no post de onte.
Xa sabedes que cando se achega esta data,
ademais de traballar co autor ao que se lle dedica o Día das Letras, gústanos
ler moitos textos en galego doutros autores e autoras. As actividades que
seguen non teñen que ver con Ricardo, pero si coa literatura galega. Mañá
entenderedes o seu sentido 😉.
1.- Que é un espantallo? Buscádeo no dicionario online da
Real Academia Galega e lede o primeiro dos significados: https://academia.gal/dicionario
2.- Coñecedes algunha canción que fale dun espantallo? Eu
si, e encántame! A ver que vos parece.
Pinchade neste título para escoitala:
3.- Cos espantallos tratamos de asustar os paxaros
para evitar que coman as froitas ou sementes, pero non lles facemos dano. Por
iso, ás veces, nos contos e cancións os paxariños acaban facéndose amigos dos
espantallos. Este merlo está moi tranquilo no brazo do
espantallo!
Tócavos debuxar un espantallo e colorealo
(válenos con calquera técnica de debuxo ou pintura). Podedes facelo como vos
guste, sempre que cumpra as seguintes condicións:
- Poñédelle nome e escribídeo no título: “O
MEU ESPANTALLO ----“.
- Ten que ter sombreiro.
- Non pode levar gravata.
- Os paxaros son os seus amigos.
Sei que todo parece moi estraño, pero non vos
podo dicir nada máis. Tede o voso debuxo cerca para a videoconferencia do
xoves, PERO NON O ENSINEDES ATA QUE VOS DIGAMOS! Aínda que vos pareza que xa é
o momento, esperade polo aviso.
Queridos e queridas artistas: a debuxar fermosos
espantallos!
Unha aperta
A vosa titora

