Lingua Galega e Literatura: Recitar poemas


Lingua Galega e Literatura: Recitar poemas

Bos días!
Para a actividade de hoxe necesitamos o libro A nave dos libros ou, se non o tedes a man, calquera libro con poemas en galego que sexa axeitado á vosa idade.
Buscade poemas (poesía, texto poético) e lede algúns deles.
Escollede un que entendades e que vos guste e repasádeo varias veces, primeiro en silencio, logo en voz alta. Lédeo tantas veces como sexa necesario para aprender de memoria unha parte (ou todo se non é moi longo). Ensaiade en voz alta. Para saber como vos sae podedes gravarvos. Logo, cando sexa bo momento, recitade o poema na casa.

Imaxe de Roland Mey en Pixabay
Ideas:

1.- Como estamos no mes de maio, o mes das flores, podedes aproveitar para ler a adaptación do poema de Antón Tovar “Fixen un maio”. Está na páxina 126 de A nave dos libros. Se non vos acorda que é un maio, tédelo debuxado a carón do poema. Tamén podedes volver a ver o vídeo Aí vén o maio que está no post Musiqueando do 30/4/20, pois nel hai imaxes da Festa dos Maios.

2.- E se vos sobra tempo? Animádevos a rapear o poema que aprendestes ou a cambiarlle palabras. Podedes comezar cambiando unhas palabras por outras que rimen con eles. Ao comezo custa un pouco, pero cando vos descoidedes teredes o poema transformado por completo.

Non esquezades ler todos os días durante uns minutos!
Moi boa fin de semana!
Unha aperta
A vosa titora

Entradas populares de este blog

Ecosystems

Lingua Galega e Literatura: O meu barco

Lingua Galega e Literatura: Conto (escritura creativa)