Lingua Galega e Literatura: Xa choveu

Bos días!

Acordádesvos do concerto De aquí para alá ao que asistimos no Auditorio de Galicia?

Unha das cancións que cantamos e bailamos era Xa choveu, que conta como un neno de África está triste no alto dun baobab (árbore) mentres os veciños cantan e bailan facendo un ritual da choiva. A canción é de Lydia Botana, á que poderedes ver de novo no vídeo que vos achego.

Actividades

1.- Le a letra da canción varias veces:

XA CHOVEU (Lydia Botana)
Nunha vila vive un neno
que chorando na árbore está.
Os veciños bailan embaixo
porque a choiva xa está a chegar!
Xa choveu xa choveu eu eu eu
xa choveu xa choveu eu eu eu
xa choveu xa choveu eu eu eu
xa choveu xa choveu eu eu eu.

2.- Busca en internet fotografías de baobabs. Parécense ás árbores que hai en Galicia? Coméntao con alguén.

3.- Busca no dicionario online da Real Academia Galega a palabra choiva e a palabra chuvia, ambas sinónimas (significan o mesmo) e correctas en galego: https://academia.gal/dicionario

4.- Escoita varias veces a canción. Canta e baila ata aprender a letra de memoria.



5.- Escribe a canción de memoria. Evita mirar a letra.

6.- Cando acabes, podes comprobar se a escribiches ben e, se é necesario, corrixila.

7.- Fai un debuxo que teña que ver coa letra da canción.

Esta actividade non é necesario entregala na Aula Virtual, aínda que se o desexas podes facelo en “Outras tarefas”.

Non esquezas dedicar uns minutos a ler cada día!

Que pases unha moi boa fin de semana!
Unha forte aperta
A túa titora

Entradas populares de este blog

Ecosystems

Lingua Galega e Literatura: O meu barco

Lingua Galega e Literatura: Conto (escritura creativa)