Plástica: Colaxe
Bos días!
Como sabedes, unha colaxe (collage) é unha técnica
de expresión plástica na que se pegan diferentes recortes de papel ou outros materiais
sobre unha superficie. Cando o facemos con papeis podémolos cortar coas tesoiras
ou rachalos coas mans para crear diferentes efectos.
Aquí tedes un vídeo no que se explica esta técnica:
En clase comezaramos unha colaxe (tédela na cartolina que
vos enviei co material) inspirada nas ilustracións de El hombrecillo de la
lluvia, de Gianni Rodari, do que tamén fixeramos un debuxo imitando as
ilustracións de Nicoletta Costa (o debuxo tédelo no sobre de Plástica). Acordádesvos?
Agora podedes completar esa colaxe na casa. Na aula
fixeramos as montañas con papel de periódico e algúns/algunhas tedes tamén
pegadas as nubes (se non as pegastes mirade na caixa por se as tedes gardadas).
O resultado desta primeira etapa podería ser parecido a este:
A segunda etapa consiste en completar a colaxe con
materiais de refugallo (envases ou restos de papeis), recortes de revistas ou o
que se vos ocorra.
Eu fíxeno recortando caixas de cartón de diferentes
alimentos, plástico dos paquetes dalgúns alimentos e os restos de afiar ceras.
Tamén perfilei as montañas con pintura e as nubes con rotulador.
Non tedes que seguir este modelo! Tedes liberdade para
crear a vosa propia composición, sempre que se trate dunha colaxe.
Que desfrutedes creando!
Podedes entregar esta tarefa na Aula Virtual, ata o 5 de
xuño.
Unha aperta
A vosa titora