PLÁSTICA: Día das Letras Galegas 2020
Bos días!
Preséntovos un fragmento do conto As pitas baixo a
choiva, que escribiu Ricardo Carballo Calero (Ricardo Carvalho Calero), o
autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
“Aquel serán ,detrás dunha fiestra, eu ollaba
chover. E de súbito vin as pitas. Malpocadas! Coas colas baixas, a cabeza
afundida, achegadas ao muro, nos recunchos, esmorecidas, murchas, tristeiras, a
auga escorregaba por riba delas, teimosa, cruelmente. Non o puiden aturar.
Baixei como un lóstrego e abrinlles a porta da casa. Mais as galiñas non se
moveron. Chameinas en van. “Churras, churras”. E saín ao curro, atafegado para conducir a grea a teito. Mais cando
chegaba cabo dunha ave, esta fuxíame e afastábase máis cada vez. Así, mollado
eu mesmo ata non poder máis, púxenme a berrar e a chorar con moito desconsolo”.
Actividades:
- Ler varias veces o conto ata comprendelo.
- Inventar unha portada para o conto. Debe levar o título, o nome do escritor e unha ilustración. A técnica é libre. Podedes escoller entre debuxo, pintura, colaxe...
- Outro día podedes imprimir e colorear o debuxo que deixo aquí debaixo, tomado de Primavera das Letras (https://primaveradasletras.gal/).
Vémonos pola tarde!
Unha aperta
A vosa titora
