LCL / LGL: Fin de curso


Moi bos días!

Por fin chegou este día especial de fin de curso que tanto desexabades algúns e algunhas. Non é de estrañar, porque traballastes moitísimo!

No verán conto con que todos e todas leades, en castelán e en galego, e que escribades de vez en cando (receitas, xogos de palabras, un poema, un conto...). Se queredes facer actividades como as que propuxen estes meses, buscade as que máis vos gusten nos posts de Lingua Galega e Literatura e Lengua Castellana y Literatura e introducídelle algunha variante. Nos que publiquei esta semana fixen un breve repaso que tamén vos poderá servir de axuda.

Actividades para celebrar o remate do curso:
Queredes saber que me gustaba ver a min de nena na televisión? Tíñao reservado para o último día de clase, penso que vos fará rir, porque pasaron os anos e cambiaron as modas... Trátase dun fragmento dun episodio de Barrio Sésamo que ten que ver coas vacacións de verán. Polo minuto 2:25 comeza unha canción moi pegadiza, pero quizais vos guste ver tamén os instantes anteriores:


Se despois desta canción tedes ganas de escribir, adiante: podedes contar cales foron os mellores momentos do curso e facer un debuxo, facer un listado de plans para o verán, inventar rimas relacionadas con fin de curso ou coa chegada do verán ou escribir un conto para o osiño que encabeza o post.
Tamén podedes aproveitar para ler. Iso sempre!

Para fin de curso tamén reservara dous vídeos coas introducións de debuxos animados en galego. Para practicar o idioma axúdanos ler, escribir, falar, pero tamén escoitalo. Aproveitade para ver algunha vez debuxos animados en galego! Estes son de hai anos:

De Bola do dragón Z escollín esta canción:


E, pola relación que garda co noso lema de curso, remataremos co Capitán Planeta:


¡FELICES VACACIONES! FELICES VACACIÓNS!
¡BUEN VERANO! BO VERÁN!

Entradas populares de este blog

Lingua Galega e Literatura: O meu barco

Lingua Galega e Literatura: Oracións a partir dun texto

Lingua Galega e Literatura: A voltas cos museos