Lingua Galega e Literatura: 1 de xuño!

Imaxe de S K en Pixabay

Bos días!
Hoxe comeza xuño, un dos meus meses preferidos do ano, porque nel sucédense as dúas estacións que máis me gustan: a primavera e o verán.

Á primavera deste 2020 quédanlle tantos días como a nós de curso. O 19 de xuño, o día no que rematan as clases, será tamén o último día completo da primavera, xa que o 20 de xuño ás 21:44 horas terá lugar o solsticio de verán, que marca o cambio da primavera ao verán. Ese será tamén o día máis longo de todo o ano e, a partir del, os días comezarán a acurtarse, lentamente.

ACTIVIDADES

1.- Falar e escoitar:
Como facemos na aula cada vez que comeza un mes, collede un calendario e conversade con alguén arredor das seguintes cuestións:
- Cantos días ten xuño?
- En que día da semana comeza o mes? En que día remata?
- Cal mes acaba de rematar? Cal mes seguirá a xuño?
- Cantos días de clase hai neste mes?
- Pensade nas datas sinaladas do mes e comentádeas.
- Falade dos plans para o mes de xuño.

2.- Escritura:
Escribide no caderno de galego a data de hoxe:




A continuación escribide, sen mirar, os días da semana, os meses do ano e as estacións. Despois comprobade e corrixide:

DÍAS DA SEMANA
luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado, domingo

MESES DO ANO
xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro

AS ESTACIÓNS
primavera, verán, outono, inverno

Ata mañá!
Unha aperta
A vosa titora

Entradas populares de este blog

Ecosystems

Lingua Galega e Literatura: O meu barco

Lingua Galega e Literatura: Conto (escritura creativa)