Lingua Galega e Literatura: Escribir un conto


Bos días!
Lembrades a actividade de escribir comezos de contos? Se non tivestes tempo de facela non vos preocupedes. Está no post de Lingua Galega e Literatura do 27-5-2020.

Imaxe de Tumisu en Pixabay

Entre todos os comezos de contos que escribistes tedes que escoller un e escribir o conto enteiro.

PASOS:
1.- Escollo o comezo que máis me guste ou do que se me ocorran máis ideas para completar o conto.
2.- Penso: ordeno as ideas, imaxino como será o conto de comezo a fin, coa súa introdución, nó ou desenvolvemento e desenlace ou fin.
3.- Nun folio escribo o título e o comezo da historia, coidando a letra e deixando marxe. Pódoo facer con lapis ou con bolígrafo.
4.- Completo o conto, tendo en conta que a parte máis longa é o nó ou desenvolvemento, a parte na que acontecen as aventuras. Tampouco me esquezo de escribir o desenlace ou parte final, no que se resolven os acontecementos e se pecha a historia.
5.- Repaso o que escribín e comprobo que se lea ben, que haxa maiúscula inicial nas palabras nas que é necesario, algún punto, punto final...
6.- Fago unha ilustración para o conto (un debuxo relacionado co conto).
7.- Se teño ocasión, léollo a algún familiar (para iso teño que ensaiar en silencio e en voz alta primeiro).
8.- Cando teña tempo, envío o meu traballo a través da Aula Virtual. Teño de prazo ata o 7 de xuño ás 15:00.

Que teñades un bo día!
A vosa titora

Entradas populares de este blog

Ecosystems

Lingua Galega e Literatura: O meu barco

Lingua Galega e Literatura: Conto (escritura creativa)