Lingua Galega e Literatura: “O corpo” (poema popular)


Bos días!

Repasaremos o vocabulario relacionado coas partes do corpo coa axuda deste poema popular. Un poema popular é aquel que se foi transmitindo oralmente de xeración e xeración (de pais/nais a fillos/fillas) e do que non coñecemos o autor ou autora.





O CORPO

Actividades

1.- Le o poema varias veces en silencio e algunha vez en voz alta. Cando xa che saia con soltura, trata de interpretalo con xestos a medida que o les.

2.- Como se titula o poema? Cantas palabras ten o título? E sílabas?

3.- Cantos versos ten o poema?

4.- Cantas palabras ten cada verso?

5.- Nos dous primeiros versos, cantas sílabas hai en total?

6.- Comproba se a primeira palabra do poema ten maiúscula inicial.

7.- Fíxate en todos os puntos do poema e comproba se despois de punto hai unha palabra que leva maiúscula inicial.

8.- Copia o poema prestando atención á letra e aos versos (cada un ten que ir nunha liña diferente, tal e como está escrito neste post).

9.- Trata de memorizar o poema para recitalo (podes repasalo cada día ata que o saibas ben e acompañalo de xestos). Recítallo a alguén.

10.- Outras partes do corpo en galego: pernas, cintura, xeonllos, meixelas, nocellos, pulsos, cóbados, ombreiros, gorxa, brazos, fronte... Pregúntalle a alguén onde se localizan. Se tes dúbidas tamén podes preguntarme a min a través da Aula virtual (enviándome unha mensaxe) ou consultar un dicionario, por exemplo, o da Real Academia Galega: https://academia.gal/dicionario

11.- Fai unha ilustración do poema que te axude a repasar as partes do corpo en galego. Na ilustración pode haber debuxos e palabras.

12.- En A nave dos libros, na páxina 14, está o poema de Xoán Penedo. Podes lelo para repasalo e tratar de cantalo a ritmo de rap. Atréveste?

Unha aperta con todo o meu corazón 💖
A titora

Entradas populares de este blog

Ecosystems

Lingua Galega e Literatura: O meu barco

Lingua Galega e Literatura: Conto (escritura creativa)