Plástica: Amarelo, vermello, azul (1925). Kandinsky (2)
Moi bos días!
Despois de ver as vosas fantásticas composicións plásticas
tituladas Kandinsky en el mundo mágico de los
colores, toca dar un paso máis. Hoxe
teredes que facer a vosa propia versión dun cadro de Kandinsky!
Antes de comezar, imos recordar a obra de
Kandinsky a través deste vídeo que tamén vos pode axudar a relaxarvos. Nel
podedes ver obras nas que aínda se recoñece a realidade (distinguimos persoas,
árbores, casas...) e outras totalmente abstractas, nas que as protagonistas son
as liñas, formas e cores.
Wassily Kandinsky cover by Mozart
Piano concerto No.23 A major 1st. movement
As obras de arte abstracta non se fan sen
pensar, xeralmente teñen moito traballo detrás: hai que ver como combinar as
cores, que tipo de liñas e formas utilizar, que materiais empregar... Neste
vídeo podedes ver que nas obras de Kandinsky está todo calculado e pensado. Non
vos preocupedes se non conseguides ler o texto nin entendedes todo, non é
necesario, chega con que vos fagades unha idea:
Kandinsky: color,
percepción y sensación
Tócavos crear a vosa propia versión desta pintura de Kandinsky titulada “Amarelo, vermello, azul”. Pintouna en 1925 e actualmente está no Centre Pompidou de París. Mide nada máis e nada menos que 128 x 201,5 cm! Por suposto, a vosa versión podédela facer nun folio.
![]() |
Para vela con detalle a ampliala pinchade nesta
ligazón e empregade os signos – e + : Amarelo, vermello, azul (1925). Kandinsky. Centre Pompidou
Podedes empregar os materiais que prefirades.
E lembrade, consiste en facer unha versión, non hai que copiar todos os
detalles. Como é un traballo difícil, recoméndovos repartilo en varios días.
Encantarame ver como vos quedou. Podedes subilos á Aula Virtual
ata o 15 de xuño.
Unha aperta con moito agarimo
A vosa titora
