Plástica: Van Gogh


Moi bos días!

O artista co que pecharemos o curso en Plástica é Vincent Van Gogh, ao que todos e todas coñecedes. Repasaremos algunhas das súas obras con este vídeo. Está en inglés, pero non é necesario entender todo o que din para recordar a este xenio e o seu universo creativo:


Despois de ver o vídeo seguro que tedes algunhas ideas para facer un debuxo ou pintura inspirado en Van Gogh. Se queredes ver máis obras súas, aquí as tedes no vídeo desta canción dedicada a este artista e a unha das súas obras máis coñecidas, Noite estrelada (Starry Night).


Cando rematedes a vosa composición (ou nun descanso), para celebrar o fin de curso en Plástica podedes animarvos a cantar e bailar esta canción:
Eu son un artista



Parabéns polos vosos traballos de Plástica! Encantáronme todos os que me enviastes!

Unha forte aperta
A vosa titora

Entradas populares de este blog

Ecosystems

Lingua Galega e Literatura: O meu barco

Lingua Galega e Literatura: Conto (escritura creativa)