Valores sociais e cívicos: Rosa caramelo (Só para alumnado matriculado en V.S.C.)
Bos días!
Nestas últimas semanas de curso propoñereivos algunha
actividade de repaso de Valores sociais e cívicos.
A de hoxe ten que ver cun tema do que falamos moito na
clase: a igualdade de dereitos dos nenos e das nenas. En concreto, trata sobre o dereito a divertirse e xogar, sen facer distinción entre nenos e nenas.
ACTIVIDADES:
1.- Coñecedes o conto Rosa caramelo? Aquí o tedes nunha
versión contada:
2.- Despois de ver o vídeo lede estas preguntas, pensade
as respostas e comentádeas con alguén:
- Que vos parece que os elefantes e as elefantas tivesen que vivir e xogar en zonas diferentes?
- Que vos parece que obrigasen a comer ás elefantas anémonas e peonías para que tivesen a pel rosa e suave?
- Que vos parece que os elefantes puidesen vivir e xogar en liberdade e as elefantas non?
- Margarita foi a primeira elefanta en quitar os zapatos e lazos rosas e en saír a xogar en liberdade. Uns días despois fixeron o mesmo as outras elefantas. Que opinades disto?
4.- Na metade esquerda do folio escribide o título “Rosa
caramelo” e facede un debuxo relacionado co conto.
5.- Na metade dereita escribide o título “Xogamos e divertímonos”.
6.- Pensade nun xogo de equipo (por exemplo, un deporte)
e formade dous equipos mixtos (con nenos e nenas), escribindo os seus nomes debaixo do título "Xogamos e divertímonos". Facede un debuxo no que aparezan xogando con normalidade.
7.- Coloreade os debuxos con ceras ou rotuladores.
8.- Sacádelle
unha foto a este traballo para enviarmo a través da Aula Virtual (tedes de
prazo ata o 7 de xuño ás 15:00 h.).
Se tedes algunha dúbida podedes preguntarme na seguinte
videoconferencia.
Unha forte aperta
A vosa titora