O Concello de Narón, que leva con esta tradición dende hai 23 anos, comparte este vídeo de stopmotion tan chulo!
Cando as últimas choivas de Abril desaparecen e chegan os primeiros raios do sol, a natureza estanos dando un sinal: comeza o novo ciclo natural, e iso para un pobo labrego coma o noso é un motivo de celebración. Así comezou hai miles de anos a Festa dos Maios en Galicia.
Nestes días moitos/as de nós estariamos na procura de fiúncho, flores, musgo, carrabouxos… para preparar o noso maio, así como elaborando coplas cheas de crítica social. Esta festividade está moi presente nos maiores, especialmente naqueles que residen en localidades como Redondela, Ourense, Pontevedra, Marín, Vilagarcía…
A proposta de hoxe é seguir mantendo viva a tradición dos maios a través da memoria dos maiores. Se na vosa zona é tradición, aproveitade para contarlles aos vosos netos/as, fillos/as como viviades esta festividade, que se cadra é distinta, ou non, a como se vive na actualidade. E se nunca fixeras un maio esta é unha boísima ocasión cara comezar!!
Deixámosvos tamén uns vídeos onde se explica como facer un maio con material de refugallo e outro da maneira tradicional adaptado ao confinamento. Animádevos a facer o voso en familia!!
Good morning kids, We are going to introduce a new unit to review living and nonliving things. Do you know what is an ecosystem? An ecosystem is a community made up of living and nonliving things in their natural environment. Nonliving things do not grow, need food, or reproduce. Some examples of important nonliving things in an ecosystem are sunlight, water, air, wind, rocks, and soil. Ok! Take your Natural science book and open on the new unit, Unit 6. Look at the picture on page 52 and try to answer the questions orally, don't write, just have a little conversation about the picture. Then complete the activities on page 53. Remember to read the instructions carefully.
Bos días! Esta actividade de galego ten varias partes e leva facela máis dunha sesión de clase, por iso non vou propoñer ningunha de castelán, aínda que a recomendación de ler uns minutos mantense para todos os días. Sabedes algunha canción en galego que teña relación co mar, cos barcos ou cos mariñeiros? A min gústame moito esta parte da letra de Amor rianxeiro , tamén coñecida como Vento mareiro ("mareiro" significa favorable para navegar), unha canción popular galega: “Non lle temas, mariñeiro, ó ventiño do mar, que o vento mareiro dá mellor navegar. Se navegas pola ría de Rianxo verás as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar”. Non vos parece fermoso iso de que as estrelas e a lúa lle dean bicos ao mar? Preguntade ás vosas familias se coñecen outras cancións en galego que garden relación co mundo do mar. Vós tamén sabedes unha que cantamos ás veces no colexio. Pista: comeza coa palabra “amoriños”. Podedes facer un listado cos títulos de t...
Moi bos días! Hoxe propóñovos escribir un conto con título libre, pero con dúas condicións: 1.- O protagonista ou a protagonista ten que ser un destes personaxes, aínda que podedes cambiarlle o nome e inventar unha historia completamente diferente á da película na que aparece: 2.- Unha parte da historia (ou toda ela) sucede nun castelo. Recordade os pasos a seguir para a escritura: 1º- Pensar.- Pensar o título, a historia, organizar as ideas… 2º- Escribir.- Os textos narrativos, coma o conto, deben ter tres partes: introdución, desenvolvemento e desenlace. Ademais de prestar atención a isto, á hora de escribir hai que fixarse en facer boa letra, deixar marxe, poñer maiúscula cando é necesario e puntuar o texto. 3º- Repasar. Ler o que escribimos e facer correccións se é necesario. Cando rematedes de escribir o conto facede un debuxo para ilustralo. Ánimo, que xa falta moi pouquiño para esas merecidas vacacións! Unha aperta A...